A Asociación

A.D.S.G. ACIVO é a Agrupación de Defensa Sanitaria Gandeira de ovino e caprino de Galicia.

É unha asociación sen animo de lucro, dotada de personalidade xurídica de ámbito territorial de actuación por toda a Comunidade Autónoma de Galicia e réxese por uns estatutos.

adsg-acivo-dende-2006

Constituída no ano 2006

ADSG ACIVO foi constituída no ano 2006 coa entrada de 140 explotacións que anteriormente se encontraban repartidas nas ADSGs que existían en Lugo, A Coruña e Ourense. Esta fusión, mais a absorción do servizo veterinario que a Asociación de Criadores de Ovino e Caprino OVICA ofrecía aos seus asociados na provincia de Pontevedra, deu lugar á única ADSG de ovino e caprino existente en todo o territorio galego constituíndo así un importante recurso dispoñible para as miles de explotacións de estas especies existentes na nosa comunidade que non atopaban a maioría das veces servizos veterinarios especializados.

Ao longo destes anos foi consolidándose como referente do sector ovino e caprino en Galicia levando a cabo non só un traballo de ADSG propiamente dito, se non participando en multitude de proxectos, estudios, convenios, cursos e publicacións .

Anos

Traballando de forma ininterrumpida dende 2006 para atender a todos os nosos socios.

Rabaños

Recibiron os mellores coidados veterinarios nas catro provincias galegas.

Socios

Aos que ofrecemos multitude de servicios, proxectos, colaboracións
e formación.

que-son-as-adsg-acivo

Que son as ADSG?

As Agrupacións de Defensa Sanitaria Gandeira son entidades encargadas de levar a cabo a execución de programas de planificación zoosanitaria enfocados a mellorar o estado sanitario das explotacións, aumentar a súa rendibilidade, diminuír as perdas e facilitar o cumprimento da normativa vixente referente á identificación, benestar e sanidade animal.

Estas agrupacións están conformadas por persoas físicas, cooperativas, sociedades ou comunidades de montes veciñais e outros titulares de explotacións gandeiras.

A nivel colectivo, as A.D.S.G.s constitúen unha peza fundamental na rede de epidemiovixilancia sanitaria de Galicia e no asesoramento e mantemento dunhas correctas medidas de vixilancia sanitaria e de bioseguridade das explotacións gandeiras.

Sabías que…?

A maior parte das granxas de Galicia teñen un número pequeno de animais cunha media de 10-11 cabezas, mentres que dentro da ADSG ACIVO esta aumenta a uns 110-140 animais por explotación.

O que é un indicador de que ACIVO está vinculada á profesionalización do sector e é unha ferramenta para todas aquelas que pretenden facer da súa actividade gandeira un medio solvente de vida.

Por tratarse da única entidade en toda Galicia que ofrece servizos veterinarios especializados exclusivos de ovino e caprino, a súa actividade vai mais aló da mera execución do programa sanitario.

Sabías que…?

ACIVO ofrece aos seus asociados outros servizos complementarios como son o control de reprodución, o programa de prevención de enterotoxemias, o manexo de enfermidades que afecten ao rabaño así como a antibioterapia ou profilaxe nos casos en que estas poidan ser necesarias. Ademais elabora actuacións de formación para os gandeiros, asesora en diferentes campos e realiza todas aquelas actuacións que as circunstancias poidan requirir.

Ter unha dispersión xeográfica que constitúe un dos maiores atrancos de ACIVO sobre todo polo tempo invertido nos seus desprazamentos e o custe económico que implica, sendo este un dos maiores gastos que ten que afrontar.

Descubre ao noso equipo de veterinarios

O traballo realízase por tres veterinarios que están en constante formación para traer ao noso territorio ferramentas actuais que permitan aos nosos gandeiros formarse como sector competente e chegar á altura doutras comunidades dado que sen dubida, temos mellores características para facelo.

Pola idiosincrasia do noso rural galego, as granxas de ovino e caprino adáptanse perfectamente as diferentes circunstancias e zonas, proporcionando unha potente alternativa que fomenta tanto o mantemento da poboación no rural, como o retorno cara el. Grazas ao traballo de ACIVO, persoas que queren profesionalizarse ou emprender sen saír das súas aldeas, atopan asesoramento profesional para levar a cabo outros proxectos moi apropiados para o noso patrimonio rural e que sen embargo, son pouco valorados e promocionados a pesar dos beneficios engadidos que aportan como limpeza de montes, prevención de incendios e ser unha produción local e de calidade.

Os nosos servizos

Control-parasitoses-internas

Control de parasitoses internas

Programa de control de parasitos internos existentes no rabaño. Posibilidade da realización de coproloxías para estudio personalizado dos parasitos do rabaño.

Control-parasitoses-externas

Control de parasitoses externas

Programa de control de parasitoses externas no rabaño por problemas de ectoparasitos como son pulgas, ácaros da sarna, carrachas, moscas…

Control-enfermidades

Prevención e control de enfermidades

Execución dun programa específico de prevención e control de varias enfermidades establecido anualmente pola Xunta de Galicia.

protocolos-vacinacion

Protocolos de vacinación

Programas de prevención e control de diversas patoloxías establecendo un protocolo de vacinación de enfermidades con incidencia nos rabaños.

logo-rata

Programa de L. D. D. D.

Limpeza, desinfección, desinsectación e desratización. Pautas para realizar as operacións completas nas explotacións da ADSG ACIVO.

receta-logo

Dispensación de receitas

Dispensación de receitas dentro do programa sanitario establecido en cumprimento da normativa de tratamentos veterinarios vixente.

consultas-telefonicas

Consultas telefónicas

Consultas telefónicas para resolución de dúbidas en distintos aspectos da práctica gandeira diaria.

logo-tareas

Realización de enquisas de bioseguridade

Realización de enquisas de bioseguridade e posterior envío das recomendacións e melloras a realizar na explotación.

cursos-formacion

Cursos de formación

Cursos de formación para os gandeiros e formación continuada dos nosos asociados.

asesoramento-na-compra-de-novos-animais

Asesoramento na compra de novos animais

Recomendacións para escoller os especímenes que mellor se adapten ao teu rabaño.

vixilancia-contro-encefalopatias

Vixilancia e control de encefalopatías

Programa de vixilancia e control das encefalopatías esponxiformes transmisibles.

colaboracion-na-rede-vixilancia-epidemioloxica

Colaboración na rede de vixilancia epidemiolóxica

Control das enfermidades transmisibles en constante colaboración e comunicación coas autoridades competentes.

Servizos adicionais

  • Administración de medicamentos ós animais individualmente nos controis rutineiros de desparasitación e/ou vacinación.
  • Control de reprodución da cabana gandeira mediante o manexo, a mellora e a planificación. Emprego de sistemas naturais e hormonais.
  • Realización de ecografías en rabaños con control de reprodución.
  • Control das patoloxías de rabaño mediante un seguimento do problema existente e establecemento dun protocolo de inmunoprofilaxe e antibioterapia, así como recomendacións de cambios de manexo necesarias.
  • Realización de necropsias en casos necesarios, tanto de animais xóvenes como adultos.
  • Toma de mostras varias para a realización de análises de diversos tipos para control de diferentes enfermidades e o seu correspondente envío a laboratorio.
  • Control dos cans de rabaño mediante as desparasitacións e vacinacións así como a súa identificación no REGIAC.
  • Realización de informes veterinarios.
  • Programa de control fronte a enfermidades de interese para o titular da explotación.