Proxectos e colaboracións

ADSG ACIVO desenvolve traballos en moitos e diferentes niveis, uns directamente cos seus asociados, aportándolles formación e levando a cabo programas de planificación sanitaria e outros con distintas entidades. Participa en estudos, investigacións, proxectos e convenios.

Os seus veterinarios exercen de titores de alumnos en practicas da Facultade de Veterinaria e Centros de Capacitación Agropecuaria e de docentes nalgúns cursos e materias dos mesmos centros. Cada ano ACIVO organiza charlas formativas enfocadas á formación dos seus asociados. Así mesmo imparte cursos de formación para diferentes entidades e centros de formación que así o demandan.

logo-USC
logo-CentroInvestigación
logo-Ovica
logo-Velano
campus-terra
logo-BioReDes
logo-CEA
Logo-Eleveo

Proxectos realizados

convenio-educativo-usc

Convenios educativos coa USC

Convenios de colaboración educativa entre a USC e ADSG ACIVO para a realización de practicas por parte de estudiantes. Dende o 2007 os veterinarios atenden a unha media de 4-6 alumnos por ano e realizan aproximadamente unhas 900 horas anuais como titores profesionais.

Colaboración co departamento de patoloxía animal en distintas áreas
  • Clases monográficas da materia de medicina preventiva na facultade de veterinaria (2009-actualidade)
  • Realización de múltiples estudos sobre a presenza de parasitos e o seu control nos rabaños da ADSG na area de Parasitoloxía e enfermidades parasitarias (2007-actualidade)
  • Realización de visitas cos alumnos as granxas para coñecer explotacións (2010-2015)
  • Posta a punto de técnicas de diagnostico de enfermidades abortivas nos rabaños da ADSG na area de enfermidades infecciosas (2007-2016)
Colaboración co departamento de anatomía, produción animal e ciencias clínicas veterinarias
Convenio de colaboración para a docencia práctica dos alumnos coa colaboración de ganderías xestionadas por xente nova.
Colaboración co programa de doutoramento
Posibilitou a realización de varios proxectos de investigación que culminaron coa defensa de 5 teses de doutoramento e formar parte do tribunal noutras 8. Os resultados obtidos permitiron coñecer ós principais procesos infectocontaxiosos que afectan ós rabaños de ovino e caprino de Galicia, desenvolver e perfeccionar novas técnicas de diagnóstico e, deseñar un programa de control sanitario axustado, así como facer un seguimento do mesmo en todas as explotacións asociadas.
ciencia

Colaboración co Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo. CIAM-AGACAL

Proxectos como axente colaborador
  • «A fasciolosis bovina e ovina en Galicia. Estudo de prevalencias, posibles resistencias a triclabendazol e variabilidade xenética dos parásitos».
  • «Aportacións ao coñecemento da neosporosis ovina e caprina. Participación dos ungulados silvestres na epidemioloxía da infección en Galicia».
  • «Abordaxes inmunolóxico, xenético e molecular para o control da fasciolose en ruminantes».
Proxectos como axente cooperante
  • «Axentes abortíxenos que afectan aos pequenos ruminantes en Galicia».
  • «Toxoplasmose ovina e caprina en Galicia».
  • «Novas estratexias para o control das helmintose nos pequenos ruminantes de Galicia».
imagen-colabo-ovica

Colaboración coa Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia Ovica

OVICA é a Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia e a colaboración e o contacto entre ambas sempre foi estreito tratando de levar adiante moitos proxectos de interese común. A parte de tratarse do mesmo sector, moitos dos seus asociados son tamén asociados de ACIVO polo que o traballo conxunto redunda nun enorme beneficio para ambas.

Esta colaboración reflexase nos puntos seguintes:
  • Convenio de colaboración para a Entidade de Aconsellamento e Xestión
  • Asesoramento integral de explotacións.
  • Asesoramento específico a mozos/as que se incorporan á actividade agraria.
  • Cursos de esquilado
  • Curso de podoloxía
  • Curso de ganado menor “Ovino-Caprino en ecológico” Agronovo
  • Curso «Xestión agroforestal sustentable – sistemas gandeiros ecolóxicos»
  • Participación nas Xornadas Técnicas
  • Participación no Boletín Informativo mensual
  • Supervisión veterinaria do programa de cría de mastíns.
  • Supervisión veterinaria da Marca de Garantía “PASTORES DE GALICIA”
  • «Coloquio de gandería ovina ecoloxica»
convenio-colaboracion-velaro

Convenio de colaboración con Vélaro S.C.G

No ano 2012 ADSG ACIVO firma un convenio de colaboración con VÉLARO Sociedade Cooperativa Galega considerando como interese común promover a cooperación para o desenvolvemento do sector gandeiro de ovino e caprino en Galicia, procurando unha aplicación práctica do desenvolvemento deste sector en aproveitamento da mellora socioeconómica das zonas rurais de Galicia.

escribiendo

Centro de Formación e Experimentación Agraria de Sergude

Alumnos da Escola de Capacitación Agraria de Sergude poden solicitar a formación práctica dos seus estudos acompañando aos veterinarios de ADSG ACIVO no desenvolvemento diario do seu traballo durante varias semanas. Tamén se imparten charlas destinada aos alumnos para explicar a labor das ADSG en xeral e as características de unha ADSG de ovino e caprino en particular, así como o programa sanitario.

convecio-asociacion-aweoc

Convenio coa Asociación AWEOC (Bélxica)

No ano 2016 ADSG ACIVO firmou un convenio mediante o cal realiza as accións pertinentes no terreo para que a AWEOC poida executar o seu traballo a gran distancia.

A AWEOC é a Asociación Valona de Gandeiros de Ovinos e Caprinos que da cobertura a gandeiros de varios países. Xestiona o pasaporte de animais de gran valor xenético, rexistrando os resultados dos recoñecementos, das montas , os nacementos e o control xenético de xenotipo e de paternidade. Os gandeiros inscritos nesta asociación realizan a selección xenética e AWEOC certifica os exemplares.

Traballa con máis 19 razas, unhas 15 de ovellas de carne e de leite e sobre 4 de cabras. Consta de aproximadamente uns 500 membros, 450 en Bélxica, 20 en Italia e uns 30 en España, destes últimos varios son gandeiros galegos.

convecio-asociacion-aweoc

Participación na agrupación estratéxica BioReDeS

BioReDes é a Agrupación Estratéxica de Investigación ‘Xestión e Produción Sostible de Biorrecursos’ e nace en 2018 para desenvolver una actividade I+D+i, de carácter interdisciplinar.

Pertence ao Campus Terra e está integrada por 15 grupos de investigación de referencia científica pertencentes a tres centros de Lugo (Escola Politécnica Superior de Inxeniería, Facultad de Ciencias e Facultad de Veterinaria) así como ao Instituto de Acuicultura de Santiago de Compostela, BioReDes nútrese de casi 200 investigadores e investigadoras.

Este colectivo científico integra capacidades ligadas as disciplinas tradicionais asociadas aos diferentes sistemas de produción (benestar, sanidade, cría e reprodución animal, produción e sanidade vexetal, agroecoloxía ou tecnoloxías agroforestais), ata aquelas que incorporan tecnoloxías facilitadoras como a biotecnoloxía, as tecnoloxías ómicas, ou as tecnoloxías da información.

pareja-foto

Outros proxectos

Colaboramos tamén, de forma puntual, con moitos e diferentes eventos relacionados co mundo da gandaría, veterinaria e sector ovino e caprino.
Algúns exemplos:

  • Participación na semana verde de Galicia
  • Participación en CIMAG – GANDAGRO, feira profesional de maquinaria agricultura e ganderia de Silleda.
  • Participación nos “Diálogos del ovino” (Aragón)
  • Publicacións e colaboración en artigos científicos
colaboracion

Proxectos futuros ou en fases iniciais

Actualmente traballamos en proxectos diversos relacionados coa reproducción.

  • Reconto de fetos e detección de xestacións multiples
  • Programa testaxe de machos
  • Sexaxe e inseminación artificial
  • Calidade dos costros e do encostrado
  • Granxa de reproductores de alta xenetica e status sanitario elevado